A Rúa Xunco, do municipio de Cervo foi interrompida esta mañá ao tránsito de vehículos e persoas, a causa dunha fuga de gas detectada nunha tubaria que os técnicos reparaban.
O CAE 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 11:00 horas. Foi a esa hora, cando os membros do GES foran alertados polo persoal do Concello dun posible escape de gas na rúa. Así, unha vez chegados ao lugar e feitas as correspondentes medicións, detectaron que, a rotura dunha tubaxe provocara dita fuga.
O 112 Galicia informou do suceso aos Bombeiros de Viveiro e á Policía Local. Tamén se requiriu a intervención do persoal da empresa subministradora do gas.