Os grupos municipais do PP e de Ciudadanos denuncian a existencia de “flagrantes deficiencias” no mercado de abastos da cidade. A voceira de Ciudadanos, Olga Louzao sinala que, tras unha visita ao lugar”, puido constatar “deficiencias estruturais que precisan ser subsanadas por unha simple cuestión de seguridade e limpeza”. A este respecto a formación denuncia “limpeza deficiente” e baños pechados “nun entorno no que resultan absolutamente necesarios, xa que hai xente que traballa alí largas horas”.
No mesmo sentido, dende o Partido Popular denuncian a aparición de goteiras. A edil popular, Ana López Pombo, sinala que logo das chuvias do venres pasado a “auga caía con intensidade no centro do mercado, a carón dos postos e nun punto polo que teñen que pasar os compradores”. “Os propios vendedores chegaron a dicirnos que chovía igual dentro que fóra”, apunta López Pombo, quen engade que esta situación provocou “non só que os usuarios e comerciantes deberan ir esquivando a auga senón tamén que tiveran o risco de esvarar e caer”.
“Ningún de nós consentiría na súa propia vivenda o no seu negocio que houbera goteiras despois de invertir hai menos de dous anos 341.106 euros nunha reforma integral que incluíu a rehabilitación da cuberta”, asegura López Pombo,