O BNG esíxelle á Xunta que recupere a escaleira de Paradai

O BNG esíxelle á Xunta que recupere a escaleira que une a avenida Duquesa de Lugo coa Calzada das Gándaras e que foi retirada coas obras do Plan Paradai. Segundo informa o voceiro da formación, Rubén Arroxo, esta é unha reclamación da veciñanza da zona que vive na parte baixa da Calzada das Gándaras, dado que agora se atopan con que teñen que dar un rodeo para ir camiñando ao centro, explicando que isto é un dos resultados de acometer actuación pensando só no tráfico rodado.

“Non se poden planificar as cidades mirando só as grandes obras e esquecerse das pequenas cousas que fan servizo á xente” dixo Arroxo. Neste sentido o propio concelleiro nacionalista apostou por esta medida coma unha forma de “seguir mellorando a comunicación coa parte da cidade que está no outro lado da vía do ferrocarril”.

Dende o grupo nacionalista aproveitaron esta solicitude para afondar máis nos accesos dende esa zona de Lugo e pediron que se estude tamén poder contar a medio prazo cun ascensor que salve esa altura “estamos a falar de que hai un muro duns 25 metros de altura, e a existencia dun ascensor melloraría moito a comunicación para persoas maiores, con mobilidade reducida, cadeiras de rodas ou carros de bebe”.

En relación con isto, o propio portavoz nacionalista informou de que presentaran unha iniciativa ao goberno co fin de que inicie os contactos coa Xunta de Galiza de cara a que se poida contemplar a instalación do elevador dentro das partidas que aínda quedan por incluír para poder rematar o Plan Paradai.

Novas relacionadas

  1. Ramón Feal Martínez
    Ago 24, 2016 - 11:17 AM

    Xunto imaxe de hoxe mesmo.

    Reply
  2. Ramón Feal Martínez
    Ago 24, 2016 - 10:47 AM

    A ver onde meteron a escaleira de ferro que había antes da reforma. O incompetente concello e os contratistas chegaron arrasando, ninguén tivo a ocorrencia de deixala onde estaba reformándoa no posíbel para adaptala á nova situación. Pode estar tirada en calquera leira ou chatarrería. Facía moito servizo para subir a pé sen ter que arrodear centos de metros como quedou agora. Como ben di o xornal, deuse preferencia aos vehículos sen pensar nos peóns eliminando servizos existentes. Agora quedaron uns chanzos a ningures, chapuzas moi típicas deste desgoberno municipal. Por non falar dos sinais da rotonda que mandan á xente para onde non é, os indicadores da rúa Serra de Meira (hai dous) están na mesma rúa e mandan o tráfico fóra de Lugo. De chiste…

    Reply
  3. Fina Senra Suarez
    Ago 23, 2016 - 06:38 PM

    Parabens,boa revindicacion

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com