Feijóo na Xunta Directiva do PP de Lugo

Feijóo reivindica o PP como “o único equipo unido en Galicia e a Galicia”

O presidente do Partido Popular e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou esta mañá en Lugo ao seu partido como “o único equipo unido en Galicia e unido a Galicia”.

Neste sentido, Feijóo engadiu que se sinte orgulloso de encabezar “a lista do único proxecto que sente Galicia, que pensa en Galicia e que fai esta campaña desde Galicia”. Así mesmo, o presidente do PP galego salientou que tamén se sinte orgulloso “de que non haxa ningún compañeiro mirando de reollo a outro, nin persoas pedindo que organicen as listas desde Madrid ou perdendo o tempo en ‘puentearse’ uns aos outros como ocorre noutros partidos”, xa que os únicos problemas que deben ocupar aos populares son os que preocupan no día a día aos cidadáns.

Neste sentido, Núñez Feijóo pediu ao seu equipo traballar coa máxima enerxía nas próximas semanas ata o vindeiro 25 de setembro para que Galicia “non perda tampouco a súa” e poida seguir avanzando. “Mentres hai outras formacións que teñen como máxima ambición ser a segunda forza política ou que aspiran a non desaparecer, a aspiración do PPdeG é seguir mellorando a nosa comunidade”, subliñou Feijóo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com