O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fai balanzo dos últimos catro anos de banda larga en Galicia

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, deu conta esta mañá en Lugo do proxecto Plan de banda larga de Galicia: Presente e Futuro. elaborado pola Axencia de Tecnoloxía de Galicia.

No acto,  ó que acudiron numerosos alcaldes das provincias de Lugo e Ourense, e empresarios do sector das telecomunicacións, Núñez Feijóo, explicou que a Xunta de Galicia pretende incrementar cun  investimento de máis de cen millóns de euros, a velocidade de navegación en Internet de 2 a 30 megas na zona rural e de 100 a 200 nas cidades. Fixo asemade,  un balanzo sobre a implantación da banda larga na comunidade galega.

Escoitámolo:

Falou tamén das desigualdades entre as provincias galegas atlánticas, e as do interior, e fixo un repaso das vantaxes que a implantación das novas tecnoloxías, supuxo para a administración.
Escoitámolo:

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com