Desarticulada en Sarria unha banda de seis estafadores dedicada a vender coches de luxo

A Garda Civil desarticulou en Sarria unha organización criminal integrada por seis persoas dedicada á venda de vehículos de alta gama, aos que previamente lle manipularan a súa quilometraxe para aumentar o seu valor no mercado. Esta organización levaba varios meses asentada na vila, aínda que trasladou recentemente a súa loxística cara Castela a Mancha, onde realizaban a venda dos vehículos en todo o territorio nacional.

A banda operaba vendendo vehículos a través de internet. Ofrecíanllos aos seus posibles compradores que tiñan que aboar previamente unha parte do valor, que oscilaba entre o 50% e o 100% do mesmo a modo de sinal. Finalmente, o vehículo non chegaba a ser entregado ao comprador ou facíase entrega dun vehículo con características diferentes ao ofertado inicialmente.

Os integrantes da banda contaban un entramado de empresas que se constituían para a venda de vehículos, os cales se vendían a posteriori a persoas insolventes para non facer fronte a posibles denunciantes. Segundo a Garda Civil, trátase dunha banda perfectamente organizada que conformaba un grupo criminal “debidamente estruturado” con funcións repartidas entre os seus membros, nos que un se encargaba de ofrecer os vehículos, outro disminuía os quilómetros e outros se encargaban do cobro a posibles compradores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com