A fadista María do Ceo e a Banda Municipal porán son ao Domingo das Mozas

A fadista María do Ceo e a Banda Municipal de Música actuarán o vindeiro 9 de outubro na Praza de Santa María dentro das festas do San Froilán, no coñecido como Domingo das Mozas. Así o anunciou hoxe a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que sinalou que a fadista conta cunha traxectoria musical de máis de 20 anos, polo que que ofrecerá na súa actuación unha viaxe musical de Portugal a Galicia. Interpretá cancións dun lado e doutro do Miño, facendo referencia á tradición lusa e galega, con fados en portugués e temas populares e recoñecidos da tradición galega.

“Dende o Concello intentamos que os días de San Froilán sexan, ademais duns días de encontro ca familia e amigos, días nos que gozar cun gran abano de actuacións de todo tipo de estilos, para todas as idades e todos os públicos”, asegurou Basadre, quen anunciou tamén a actuación das das Bandas de Lalín, Ponteareas, Ribadeo e Antas de Ulla, que amenizarán o Día do Ferrol, o 8 de outubro, xornada na que tamén terá lugar o tradicional desfile de gando.

Neste senso, a edil lembrou que nesta edición do San Froilán se homoxeneizarán e regularán os espazos do feiral para facer máis atractivos estas festas. Crearase tamén un espazo multiculutral para a integración de diversos colectivos. Este ano tamén se levará a cabo un concurso de fotografía e vídeo e manterase o concurso de polbeiros e polbeiras no Mercado Municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com