As pistas de pádel de Mondoñedo contarán con regulamento para o seu uso

As pistas de pádel do Concello de Mondoñedo contarán cunha ordenanza que permitirá a súa posta en funcionamento. A sesión plenaria celebrada onte no municipio sacou adiante este regulamento no que se establecen as tarifas para o aluguer das pistas “que son unhas das máis económicas da comarca e da provincia” precisou a alcaldesa, Elena Candia.

A rexedora amosouse moi satisfeita coa aprobación desta ordenanza que permite alugar as pistas para o seu uso “polo simbólico prezo de 3 euros por hora e media”.

As pistas, situadas ao carón do pavillón municipal e de outras instalacións deportivas e de ocio da localidade, “contribuirán a impulsar e fomentar a actividade deportiva entre os veciños e veciñas de Mondoñedo”.

A rexedora mindoniense destacou que “a localidade conta cun gran número de poboación nova e coa posta en marcha deste servizo, pensado para todos os veciños e veciñas, permitirase o seu aluguer a través dun cómodo sistema, o que garantirá o seu correcto funcionamento”.

Candia precisou que “o pago realizarase nas oficinas municipais no momento de levar a cabo a reserva da pista, cubrindo o interesado o correspondente formulario onde constará os datos do solicitante, o día e as horas reservadas”.

A alcaldesa precisou que “coa posta en marcha destas pistas sumamos unha actividade máis á ampla oferta de ocio coa que conta o Concello de Mondoñedo” e animou a todos os veciños e veciñas “a desfrutar do uso destas instalacións”.

APOSTA DO GOBERNO LOCAL POLO DEPORTE

“Coa posta en funcionamento das pistas de pádel reforzamos a nosa aposta polo deporte”, sinalou a alcaldesa.

Candia salientou que se trata “dunha iniciativa máis que unida ao arranxo do campo de fútbol, á mellora das instalacións das piscinas municipais ou o á renovación da pista do pavillón, da que tamén eliminamos o cobro polo seu uso, certifican firme compromiso do goberno local co deporte”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com