Cabo de Cruz e Ares vencen na IV Bandeira A Mariña de Traiñeiras

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez entregou, este domingo en Ribadeo, a IV Bandeira A Mariña de Traiñeiras, que na categoría feminina correspondeulle ao Club de Remo Cabo de Cruz, proclamándose con esta nova vitoria campioas de liga. E na categoría masculina o vencedor foi a traiñeira de Ares.

Esta fin de semana A Mariña lucense volveu a converterse no epicentro destas probas, xa que congregaron a un total de 21 traiñeiras, 500 remeiros e máis de 1.000 espectadores, que presenciaron estas competicións en directo.

A Deputación colabora na organización deste evento deportivo cunha achega económica de 18.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com