“Os cartos da cultura non poden gastarse en cemento e ladrillo” afirmou Olalla Rodil

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil visitou hoxe o edificio do novo Auditorio de Lugo, onde declarou que “as políticas culturais que propón o BNG son para que o tecido asociativo, a industria cultural e artistas poidan desenvolver a súa actividade” e engadiu que “Os cartos da cultura non poden gastarse en cemento e ladrillo”.

Rodil cualificou de “paradigmático” que o novo auditorio de Lugo “continúe pechado, sen dotacións e sen acordos entre as institucións que gobernan PP e PSOE para poñelo a funcionar”. A candidata do BNG asegurou que “é unha mostra máis de que o resto do forzas non teñen propostas de política cultural máis aló de facer edificios e entregarlles cartos públicos ás grandes construtoras”.

O caso de Lugo é extensible a outras moitas vilas e cidades galegas onde os cartos que deberían ir destinados á promoción cultural se destinan ao ladrillo

A candidata por Lugo lamentou que “Lugo continúe con novo auditorio pechado despois do grande investimento que se fixo nesta obra” e sinalou que “para o goberno de Feijoo e para o goberno municipal de Lugo é máis sinxelo que este edifico permaneza pechado por que non saben como xestionalo nin teñen vontade para que as persoas que traballan no eido cultural o ocupen coas súas propostas artísticas e de dinamización cultural”.

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com