Un operario faleceu a primeira hora desta tarde en Guitiriz. O home quedou atrapado nunha máquina cortadora nunha empresa de mármores. As instalacións nas que se produciu o accidente laboral sitúanse no lugar do Mesón da Cabra, na parroquia de Trasparga.
O 112 Galicia tivo constancia do acontecido ás 15:20 horas de hoxe, a través do aviso de Urxencias Médicas. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informouse ao GES de Guitiriz, a Protección Civil e á Garda Civil.
Ago 29, 2016 - 06:19 PM