A Federación de Asociacións de Veciños reclámalle á Xunta partidas para o Auditorio ou a intermodal

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’ reclámalle ao Goberno galego que poña en marcha partidas “necesarias” para diferentes infraestruturas da cidade de Lugo como o Auditorio ou a futura estación intermodal. Mediante un comunicado, o presidente da asociación, Jesús Vázquez, lamenta que a nosa cidade “non teña aínda presuposto” para a construcción dunha intermodal, “que ten proxecto iniciado e ubicación definida polo conxunto de Administracións involucradas”.

Segundo Vázquez, a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez quedou en darlles unha resposta sobre esta cuestión o pasado mes de abril que aínda non recibiron. “Por iso agora requerimos da candidata e Conselleira un compromiso firme de incluír e executar o presuposto no exercizo do 2017”, subliña o presidente do colectivo.

Ademais, a Federación de Asociacións de Veciños reclama partidas para a dotación do Auditorio. “Vendo que segue paralizado dicímoslle que temos que ter no ano 2016 un Auditorio sen goteiras e dotado na súa totalidade pola Xunta de Galicia, para o que tomamos por exemplo o caso de Ferrol”, subliña Jesús Vázquez nun comunicado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com