A Garda Civil interceptou esta madrugada a un veciño de Lugo que circulou durante máis de 11 quilómetros en sentido contrario na A-6.
O home, duns 80 anos, accedeu á autovía en Rábade en sentido contrario. Os axentes do Instituto Armado detivérono dez minutos despois, á altura de Baamonde cando o home xa percorrera uns once quilómetros.
Segundo a Garda Civil, o home atopábase desorientado e desconcertado. Os familiares do condutor denunciaran a súa desaparición do domicilio durante a madrugada de onte na Comisaría da Policía Nacional de Lugo. O octoxenario intentara renovar o carné de conducir días antes pero non superou as probas requeridas.