Olalla Rodil pide retomar o plan de rehabilitación do barrio da Tinería

A candidata do BNG pola provincia de Lugo ás vindeiras eleccións autonómicas , Olalla Rodil, pídelle á Xunta que retome o plan de rehabilitación do barrio da Tinería. Neste sentido, Rodil salientou que o barrio “reflexa o abandono no que Feijoo deixou a Lugo dende que chegou ao goberno”.

A candidata nacionalista visitou este barrio lucense acompañada do Cosme Pombo, parlamentario do BNG, que fora delegado de vivenda no momento en que se executou o plan de rehabilitación e rehabitación da Tinería no goberno bipartito da Xunta. Un plan que contemplaba un investimento de máis de 30 millóns de euros para revitalizar esta zona e que se atopa paralizado dende o ano 2009. Dito obtivo o Premio Dubai de Boas Prácticas outorgado polas Nacións Unidas.

A este respecto, Olalla Rodil reclamou que “a  Xunta ten que comprometerse coa promoción económica, social e turística deste barrio da cidade, un barrio histórico, que leva 5 anos agardando por un compromiso firme da Xunta”.

Neste sentido, Rodil engadiu que “o BNG traballará para rematar o Plan empezado de rehabilitación do barrio da Tinería, para darlle vida aos edificios públicos da propia Xunta neste barrio, a rematar o Pazo de Doña Urraca que se podería converter nun Centro de Investigación de Asuntos Sociais para toda Galiza”. A candidata nacionalista salientou “que non se pode agardar mais, mentres hai familias con necesidade de vivenda, urxe a necesidade de creación de postos de traballo e a promoción económica, social e turística de Lugo. É estratéxico para Lugo a posta en valor do noso patrimonio, que o é tamén de toda a Humanidade”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com