O Concello abre mañá a matrícula nas actividades de deporte para maiores

O Concelleiro de Deportes , Miguel Fernández, informou este mércores de que os días 1, 2 e 5 de setembro estará aberto o prazo para matricularse nas actividades de deporte para maiores, que se desenvolverán de outubro a maio polas mañás nos complexos deportivos de Frigsa e das Pedreiras. A matrícula realizarase de xeito directo nas propias instalacións ás que se queira acudir.

As persoas interesadas, que deberán ser maiores de 65 anos, poderán escoller entre ximnasia de mantemento durante dous días á semana ou natación combinada durante tres días á semana. O prezo establecido é de 7,90 euros para todo o curso.

Para máis información pode consultarse a páxina web do Concello www.lugo.gal ou chamar ao teléfono de atención cidadá 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com