Hoxe comeza a XV Edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo, coa obra teatral “Ojos de agua” interpretado por Charo López, na que da vida á Celestina, e que terá lugar ás oito e media da tarde no Auditorio Gustavo Freire.
Unha das novidades deste ano é o sistema de venda de entrada, xa que se poderán mercar a través da web entradaslugo.es, ou no propio Auditorio.
Tamén este ano como novidade, mesturarase ó teatro e a gastronomía, xa que once restaurantes da cidade crearán unha tapa especial para cada unha das obras teatrais, que se poderán degustar entre o 22 de xaneiro e o 28 de febreiro.
Escoitamos á Concelleira de Cultura, Carmen Basadre:
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.