Lugonovo denuncia “irresponsabilidade institucional” nas obras da Fábrica da Luz

Lugonovo denuncia a “improvisación absoluta” coa que traballan os organismos competentes nas obras da Fábrica da Luz, é dicir, o Concello, o Ministerio de a Confederación Hidrográfica. Segundo o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha, “os despropósitos son maiores a cada paso que se pretende dar”, é é que nos últimos días dábase a coñecer que as obras volven estar paralizadas pola existencia de nenúfares protexidos nesa zona do río Miño.

“Primeiro permiten que se levante un dique invasivo fóra da época de estiaxe e da que, presumiblemente, tiña que ser a súa ubicación. Unha dársena que vai camiño de cumprir un ano alí sen que, ou ben se remate ou se tire abaixo, e sen que ninguén explique nin asuma as respercusións de que siga en pé. E agora, con esa parte da obra aínda paralizada e cando pretendían continuar co resto dos traballos, decátanse de que na zona existen nenúfares que a propia Unesco recoñece, dende hai anos, que son exclusivos da conca do Miño. Non hai mellor deficinición do que é a incompetencia”, subliña Fernández Rocha.

O portavoz de Lugonovo denota unha “ausencia total de compromiso medioambiental” por parte das administracións implicadas, ás que afea en que, nun auténtico exercicio de evasión de responsabilidades “parezan estar máis preocupadas por manter unha carreira de fondo en lavarse as mans que para afrontar con seriedade o asunto”. “O Concello, o Ministerio e a Confederación Hidrográfica semellan estar botando un pulso a ver quen o fai peor”, conclúe.

A este respecto, o Grupo municipal de Lugonovo xa anunciou no seu momento que “estudiará pormenorizadamente” o contrato coa concesionaria para valorar se procede esixir algún tipo de responsabilidade política, administrativa ou penal e mesmo se resulta viable a rescisión do mesmo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com