A Deputación abre o prazo para que asociacións culturais accedan a 400.000 euros en subvencións

O Boletín Oficial da Provincia publicou este xoves as bases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativas culturais da provincia. Isto permite a Deputación de Lugo abrir mañá mesmo o prazo de solicitude destas axudas dotadas dun total de 400.000 euros. O venres haberá un banner en na web da deputación toda a información e documentación para as asociacións. O prazo de solicitude será ata o 13 de setembro, inclusive.

Esta programación contempla 2 liñas de actuación. Por unha banda, axudas de entre 300 e 8.000 euros para programacións de carácter anual, que supoñen a principal actividade, ou conxunto de actividades, da entidade asociativa. Doutra banda, axudas de entre 300 e 6.000 euros para actividades con carácter puntual, entendendo como tal, aqueles eventos importantes, programados con antelación, para un determinado momento no tempo

O Goberno da Deputación decidiu ofrecer as asociacións culturais da provincia que finalmente resulten beneficiados un anticipo da axuda do 80%.  Ademais, como novidade, incluíronse por primeira vez criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarase favorablemente os proxectos para actividades dirixidas á terceira idade, á persoas con capacidades diferentes, á mulleres, cativos e á mocidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com