Cinco persoas foron rescatadas esta noite en Ribadeo despois de que o veleiro no que navegaban quedase sen goberno. Os seus tripulantes atopábanse a uns 800 metros da liña de costa, pero non eran quen de volver a terra.
O 112 Galicia recibiu o aviso de Salvamento Marítimo minutos antes das 0:00 horas desta madrugada. Dende o CAE 112 explicouse a situación ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos efectivos de Protección Civil.
Segundo informou Salvamento Marítimo ao 112 Galicia, o veleiro acabou sendo remolcado por unha embarcación procedente do porto de Ribadeo, onde quedou atracado. Todos os seus tripulantes atópanse en perfecto estado de saúde.