A Alcadesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres unha reunión de traballo co Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, para garantir a construción dun novo colexio no Sagrado Corazón, tan demandado polos veciños e veciñas.
Tras a negativa da Xunta de Galicia de non aplicar a Lei 3/2016 de Proxectos Públicos de Urxencia e de Excepcional Interese, a mesma que se empregou en Vigo para unha iniciativa privada e sendo, segundo os técnicos, a solución máis rápida para a construcción deste centro; e ante a necesidade de desbloquear unha situación fundamental da que dependen motias familais, puxéronse enriba da mesa outras novas vías para solucionar este problema, que serán agora estudadas polos técnicos.
O Concello, tras conseguir os 10.000 metros cadrados esixidos para a construcción dun centro educativo tras un período longo de expropiación, continúa sen entender como a Xunta pode aplicar a lei de urxencia en Vigo nunha iniciativa privada e non en Lugo, para unha pública. Non en van, a alcaldesa amosou a súa vontade para manter cantos encontros sexan necesarios para saldar outra das débedas históricas que ten a Xunta con Lugo.