O BNG pide de novo o arranxo do tramo Lugo – Meira da N-640

Persoas afiliadas e simpatizantes do BNG, xunto coa candidata ao Parlamento, participaron nunha caravana de coches para pedir, unha vez máis, o arranxo da N-640. A caravana, na que participaron máis de vinte vehículos, percorreu o tramo Lugo – Meira – Lugo e percorreu, tamén, as rúas da vila de Meira. Rodil sinalou que “estes son problemas reais das nosas veciñas se veciños e son as cousas polas que imos abrir un tempo novo no Parlamento Galego e na Xunta de Galiza”.

A candidata por Lugo do BNG, Olalla Rodil, dixo que “A N-640 é o claro exemplo do abandono de Lugo por parte do goberno do estado e as galegas e galegos precisamos poder decidir sobre nós mesmas e non ter que estar pedindo esmolas a Madrid”. “Estamos a falar dunha estrada que é a principal comunicación entre Lugo, a Terra Chá, a Mariña e Asturias, que é responsabilidade do Ministerio de Fomento e que está totalmente abandonada” lembrou Olalla Rodil e sinalou que o BNG xa ten presentado numerosas iniciativas para que se solucione esta situación.

Rodil lamentou “o continuo abandono que o goberno do estado fai da provincia de Lugo, e de Galiza, e asegurou que existen serias dúbidas de que o propio Ministerio sexa coñecedor do estado real no que se atopa este vial a pesares de que xa anunciaron proxectos, orzamentos, licitacións e todo tipo de tramites menos a efectivización do arranxo da estrada”.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com