Controlado un incendio en Chantada que queimou unhas 100 hectáreas

Hoxe ás seis da mañá quedaba controlado o incendio rexistrado no monte Faro en Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba onte ás 15:04 horas da tarde.

Segundo informa a consellería de Medio Rural, a superficie afectada rolda as 100 hectáreas. Na súa extinción traballan un técnico, 4 axentes, 29 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 13 helicópteros e 3 avións.

O monte Faro é unha zona de gran valor medioambiental e cualificada como Rede Natura. O avance das lapas no inicio do lume chegaron a ameazar o santuario da Nosa Señora do Faro, que finalmente non se viu afectado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com