O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, deu a coñecer este luns as obras que o Concello acometerá en Recatelo co fin de corrixir problemas no saneamento. Trátase dunha actuación encamiñada a garantir as boas condicións dun servizo público como é o saneamento.
Con estes traballos, que arrincan hoxe e que contan cun orzamento duns 1.500 euros, o Concello quere acabar coas filtracións dun pozo que se están producindo nesta zona, subliño o edil, ao tempo que asegurou que previamente se realiza un estudo arqueolóxico.
Esta mellora súmase a outras que o Concello vén de acometer ou está acometendo na cidade para mellorar os servizos e infraestruturas públicas, como a reparación do saneamento en Ramón Montenegro ou Armanyá ou a mellora do abastecemento en Fontiñas.