O BNG reclámalle á Xunta que tome medidas contra a sinistralidade laboral

A candidata do BNG ao Parlamento Galego por Lugo, Olalla Rodil, anunciou que o BNG proporá un plan contra a sinistrabilidade laboral para Galicia, xa que o noso país supera a media estatal de accidentes e mortandade. De feito, Galicia duplica a media estatal no indice de incidencia dos accidentes mortais e Lugo é a segunda provincia do estado español que máis siniestrabilidade padece despois de Huesca. 

Rodil facía este anuncio tras manter unha xuntanza con representantes das diferentes forzas sindicais. Esta xuntanza enmarcase dentro da serie de encontros que a candidata nacionalista está a manter con todos os sectores durante a precampaña para coñecer, de primeira man, as problemáticas que afectan aos diferentes colectivos. “Transladámoslles aos sindicatos as nosas alternativas en política laboral e recollemos as súas opinións e propostas”, explicou Olalla Rodil.

Ademais, Olalla Rodil, presentou algunhas das propostas que contempla o BNG no seu programa para incrementar o emprego en Galicia como son a creación dunha Banca Pública Galega e un Instituto Galego de Crédito que permita darlle unha maior fluidez económica ao tecido empresarial.

En canto ao sector ao que máis afecta o desemprego neste momento, que é a mocidade, a candidata do BNG exlicou que “temos alternativas e propostas no noso programa para evitar a sangría demográfica e que a mocidade teña que continuar marchando do país”. Para isto “o BNG abrirá un tempo novo no que se implementarán medidas para crear un fondo que permita a remuneración das prácticas e da formación e un Plan Retorna para as persoas que agora mesmo están noutros paises por que non teñen oportunidades na súa terra poidan regresar”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com