Lugo acolle dende este xoves a XII edición do Concurso de Tapas

Lugo acolle dende este xoves o XII Concurso de Tapas de Lugo, no que participarán un total de 44 locais hostaleiros da cidade do 9 ao 25 de setembro. O Concello colabora un ano máis con esta cita gastronómica cunha achega duns 15.000 euros, posto que se enmarca dentro do compromiso da entidade local co impulso do turismo de calidade.

A concelleira de Cultura Carmen Basadre salientou que “este tipo de iniciativas serven para dar a coñecer a nosa cidade e facer bo o slogan promocional da hostalería lucense ‘… E para comer Lugo’, que xunto con outras potencialidades, como os tres Patrimonios da Humanidade, contribúen dun xeito moi importante á promoción turística de Lugo en todo o mundo”.

Neste senso, a edil referiuse aos bos datos turísticos deste ano, xa que o número de visitas á Oficina Municipal de Turismo aumentou un 19% máis que o ano anterior, polo que convidou a todos os lucenses e os que nos visiten a participar degustando as diferentes tapas deste certame.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, destacou os premios que se sortearán entre os consumidores que proben as tapas e as valoren do 1 ao 5, de menor a maior puntuación. Os clientes que cubran todos os selos, 44 en total, entrarán nun sorteo dunha viaxe a unha cidade europea para dúas persoas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com