Dous accidentes de tráfico deixan ata catro feridos en Foz

Dous accidentes de tráfico deixan ata catro feridos no Concello lucense de Foz. No primeiro dos sinistros un home resultou ferido ao ser atropelado por un camión do reparto de butano, polo que tivo que ser trasladado ao Hospital da Costa, en Burela.

 Unha persoa chamaba ao 112 Galicia ás 18:00 horas de hoxe para alertar dos feitos. Indicou que o atropelo se producira nun paso de peóns situado nun cruce da estrada xeral en Bargado, na parroquia de Fazouro. O camión implicado transportaba bombonas de propano. A súa carga non se viu afectada.

O segundo dos sinistros foi unha colisión entre dous vehículos que deixou tres feridos. O sinistro produciuse na N-642, no quilómetro 38, preto da variante de Fazouro.

O 112 Galicia recibiu o aviso do accidente ás 15:30 horas desta tarde. Os profesionais do Centro de Atención ás Emerxencias alertaron aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico. Os efectivos sanitarios, pola súa banda, encargáronse de trasladar ás tres persoas feridas ao Hospital da Costa, en Burela.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com