Lugonovo di que o Concello perde unha “sangría de cartos” por manter externalizacións caducas

Lugonovo estima que o Concello de Lugo acumula cada ano máis dun 20% de perdas por manter caducas diferentes externalizacións. Neste sentido, a formación cualifica como “nesfasta e pouco resolutiva” a xestión do equipo de Lara Méndez.

“Parecen non ser conscientes de que os graves retrasos que acumula a tramitación deses procedementos se traduce, a efectos prácticos, nunha sangría de cartos. Un despilfarro que supera o 20% do diñeiro destinado ás externalizacións e que convirte as arcas da administración local nun coadoiro inxustificable”, sinala o voceiro de Lugonovo Santiago Fernández Rocha.

Rocha inclúe na lista das prestacións que arrastran reparos de legalidade o servizo de desratización, o da potabilizadora, o do alumeado, o da limpeza de instalacións municipais e mesmo o do guindastre.

Consideramos que se trata dunha irregularidade coñecida e, o que é máis grave, a todas luces consentida, porque, aínda sendo xenerosos cos prazos de adaptación do novo goberno, xa hai máis dun ano que chegaron ó cargo, tempo suficiente para abandonar a parálise e poñer orde e dilixencia na súa resolución”, denuncia Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com