A Xunta vén de informar de que permanece activo un lume no Concello da Fonsagrada que queimou xa unhas 20 hectáreas. O lume rexistrouse na parroquia de Paradavella, onde xa están traballando os medios de extinción.
Mentres continúa controlado aínda que non extinguido o lume que se iniciaba este domingo en Chantada, no Monte Faro, e que segundo as estimacións da Xunta queimou xa unhas 106 hectáreas de Rede Natura. O incendio afecta á parroquia de Requeixo. Na súa extinción traballan uns 13 helicópteros, 3 avións e 40 brigadas.