A Praza Maior acolle este sábado os actos do Orgullo LGTBI Lugay 2016

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación pola Liberdade Afectivo e Sexual da cidade de Lugo, colectivo ALAS, Marcos Fernández, presentaron este mércores no Salón de Plenos os actos conmemorativos do Orgullo LGTBI Lugay 2016, que se celebrará o sábado 10 de setembro, a partires das 21:30 horas, na Praza Maior.

Ana González Abelleira salientou que para o Concello “é un orgullo traballar por unha sociedade inclusiva dentro da diversidade, por iso colaboramos coa organización destas actividades, para ter unha cidade na que todos e todas teñamos cabida”. Pola súa banda, Marcos Fernández agradeceu a colaboración con este evento, “que se celebra por terceiro ano consecutivo, para reivindicar os dereitos do colectivo LGTBI, ante a grave situación pola que está pasando e contando co apoio de toda a cidadanía de Lugo”.

Os actos, organizados polo colectivo de lesbianas; gays; bisexuais, transexuais e intersexuais ALAS, coa colaboración do Concello e a Deputación comezarán coa lectura dun manifesto reivindicativo, seguido de diversas actuación musicais. Os artistas que participarán nesta celebración son La Prohibida, Asanzaa e Las Supremas. Todo dirixido por dous galegos mestres de cerimonias, como son Ramil e Dani Ríos, que tamén deleitarán aos asistentes coas súas voces.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com