Un ancián faleceu esta tarde na Pontenova ao caer dunha escaleira. Os feitos producíronse na propia vivenda da vítima, situada no lugar de Eirexúa, na parroquia de Xudán.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos minutos antes das 16:45 horas de hoxe, a través de Urxencias Médicas. Os efectivos sanitarios enviaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Ourense, aínda que nada se puido facer por salvarlle a vida ao home. Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 púxose a situación en coñecemento de Protección Civil, do GES da Pontenova e da Garda Civil.