Lugonovo suxire emprender accións legais no caso das casetas do polbo

Lugonovo insta ao Goberno local a solicitar un informe xurídico co fin de detectar se se produciu algún tipo de irregularidade no proceso de contratación das casetas do polbo que contraveña a legalidade. Unha demanda da formación que chega logo das informacións que saían hoxe publicadas no xornal La Voz de Galicia e que apuntan a que Bruxa Consulting estaría intentando especular coa adxudicación das casetas ofrecéndollas aos hostaleiros lucenses.

“Aparentemente, segundo os datos que trascenderon na prensa, apréciase unha intención puramente especulativa por parte de Bruxa Consulting. Se esto fóra certo, agardamos deste executivo que actúe con determinación para reclamar xurídicamente tódalas responsabilidades que puideran desprenderse do que aparenta ser unha alevosa maquinación empresarial”, subliña o voceiro da formación Santiago Fernández Rocha.

No caso de confirmarse, suxire Rocha, “o Concello non debera pasar por alto semellantes manobras, completamente amorais e que deterioran as festas patronais, a imaxe da cidade e a percepción que os veciños teñen da súa xestión”. “Non se pode permitir que o que aconteceu este ano sente precedente nin dar a impresión a aqueles que queiran trapichear cos cartos públicos de que, a de Lugo, é unha administración vulnerable e permisiva”, engade.

“Despois de tódalas conxecturas que xurdiron, consideramos que é necesario e recomendable ofrecer unhas explicacións absolutamente meriadanas sobre a argumentación legal na que se baseou o prego de condicións. A opacidade é o que produce a desconfianza”, asegura Rocha.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com