Ferido grave un motorista en Quiroga tras colidir cun turismo

Un motorista resultou ferido grave despois de colidir con un coche na subida ao Courel. Ocorreu pouco antes das tres desta tarde, concretamente, no lugar de Pacios de Mondelo, no concello de Quiroga. O motorista foi evacuado de inmediato ao Punto de Atención Continuada (PAC) da vila, onde o recolleu uns minutos máis tarde o helicóptero medicalizado con base en Ourense trasladalo de urxencia ao hospital.

Unha persoa particular informou do accidente aos xestores do 112 Galicia cando faltaban uns minutos para as tres desta tarde. Deseguido, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou aos servizos sanitarios, aos axentes da Policía Local e da Garda Civil e aos membros do GES de Quiroga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com