O líder do PPdeG participa en Lugo no acto de arranque da campaña electoral

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe no acto de arranque de campaña da formación en Lugo, onde pediu aos galegos participación e unir forzas nun proxecto común porque merece a pena que Galicia sexa unha excepción.

Nesta liña, Feijóo incidiu en que merece a pena ser unha excepción para seguir crecendo e creando emprego; para seguir cumprindo cos deberes ao tempo que se inviste máis en comunicacións, servizos públicos e en futuro; e para que os investidores sigan confiando en Galicia, tal e como sucede no sector naval, no da automoción, na aeronáutica e no lácteo.

Segundo engadiu, a Galicia mereceulle a pena ser e exercer como o que son os galegos e non pode agora afastarse de todo o que aínda queda por diante. Ademais, fixo fincapé en que é mellor unha España como Galicia que Galicia na mesma situación que o resto de España.

Para o líder do PPdeG, merece a pena acadalo porque todos os galegos compartimos uns obxectivos comúns, que son contar con máis benestar e máis progreso para o país, feitos que entre todos acadamos estes anos pero nos que cómpre aínda afondar e están no programa do PPdeG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com