A Deputación destina 76.000 euros a melloras na estrada de Negueira de Muñiz a Pieiga

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou obras de mellora na estrada de Negueira a Pieiga por valor de 76.800 euros. Así o comunicou o voceiro do Goberno, Pablo Rivera Capón, que explicou que “se trata dunha vía municipal, que é o principal e único acceso público aos núcleos rurais de Pieiga e Vilaseca, onde viven uns 20 veciños. Actualmente, este vial sofre problemas de asolagamento”.

Ademais, a Xunta de Goberno aprobou iniciar o proceso de contratación do servizo de elaboración dun plan estratéxico, por valor de 60.000 euros, no que se definan todas e cada unha das potencialidades turísticas dos 67 Concellos.

O voceiro subliñou que “na Deputación estamos a traballar na elaboración dun Plan Integral de Turismo para a promoción de todos os recursos da nosa provincia. Trátase dunha aposta persoal do Presidente, que busca xerar riqueza e emprego”.

“Levamos meses mantendo reunións con profesionais do sector na nosa provincia, así como asociacións e institucións, pois apostamos pola participación de todos os implicados co fin de acadar un completo e ambicioso plan”, concluíu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com