Encontro dos populares lucenses con emprendedores da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo

O cabeza de lista pola provincia de Lugo, Francisco Conde, acompañado da presidenta dos populares lucenses, Elena Candia e do portavoz do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro, ademais doutros membros da candidatura lucense, participaron onte nun almorzo informativo con integrantes da Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE-Lugo), capitaneados por Juan Manuel López Labrada

No marco deste foro empresarial Francisco Conde confirmou que o colectivo de emprendedores e autónomos seguirá a ser destinatario dos apoios preferentes da Xunta, de manter o PP a responsabilidade de goberno, e perfilou as propostas programáticas nesta ámbito indicando que o principal obxectivo é focalizar futuros apoios en catro ámbitos específicos: en alixerar as cargas sociais e burocráticas, en manter e ampliar os incentivos á contratación, no fomento da formación e do relevo xeracional, e en poñer en marchas medidas para apostar pola innovación e, nomeadamente, pola integración nas empresas de novas tecnoloxías.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com