O BNG propón o GALTREN como solución de futuro

Olalla Rodil, candidata do BNG por Lugo ás eleccións galegas do 25 de setembro, participou, xunto coa candidata por Ourense, nun acto en Monforte para presentar o programa do BNG no referido ás comunicacións ferroviarias “propomos crear o GALTREN, unha entidade plenamente pública, dependente do Goberno galego, onde se aglutinen todos os servizos ferroviarios que transcorren por Galiza, reclamando a transferencia dos medios materiais e humanos dos actuais servizos (RENFE e FEVE)”.

 As candidatas explicaron que “trátase de poder ampliar e mellorar as conexións entre as vilas e cidades galegas, cunha perspectiva tamén social e de equilibro territorial e non soamente economicista, como vén aplicando RENFE desde Madrid (RENFE abandona vías antieconómicas, e mesmo durante anos esixiu a través dun convenio á Xunta que compensara o mantemento de liñas deficitarias)”.

 Para o BNG “o GALTREN está chamado a ser o tren de referencia de Galiza nas conexións entre vilas e cidades, superando a fragmentación entre FEVE e RENFE, pois con independencia do largo da vía e do diferente material rodante, permitirá un coordinación entre servizos, ao ter unha dirección operativa única” Olalla Rodil explicou que “Galiza non conta con tren de cercanías porque así o vetan en Madrid, ao contrario do que si admiten en zonas con poboacións próximas similares (non só contornas metropolitanas como as grandes cidades, tamén por exemplo no caso de Oviedo-Xixón-Avilés)” e “iso impide ter acceso a importantes subvencións e fondos, dado que no ámbito comunitario hai fondos específicos para o tren de proximidade, aos cales Galiza neste momento está vetada”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com