Méndez reúnese esta tarde con Irimia tras serlle “imposible” contactar con Bruxa Consulting

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, manterá unha xuntanza ás 19:30 desta tarde no Concello con Javier Irimia, o veciño de Meira e empregado de banca que resultou adxudicatario dun dos caldeiros do polbo do San Froilán. O obxectivo desa reunión é garantir o bo desenvolvemento das festas do San Froilán, logo da polémica desatada nas últimas semanas trala aduxicación de tres das catro casetas e tres dos catro caldeiros do polbo á consultora madrileña Bruxa Consulting S.L

Precisamente esta mañá Lara Méndez aclaraba que ao Concello lle foi “imposible” contactar con algún representante de Bruxa Consulting. “Intentamos poñernos en contacto con todos, con Bruxa Consulting e con Irimia, que son os adxudicatarios. Cunha das entidades foinos imposible porque nos contactos que puxo tanto vía e-mail como telefónicamente foi imposible poñernos en contacto”, aclarou a rexedora, que engadiu que “non pode dicir” se o propio Irimia é o que está detrás da consultora madrileña.

A xuntanza de hoxe chega logo de que nos últimos días diferentes informacións publicadas nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso apuntasen a que o propio Javier Irimia estaría negociando en nome de Bruxa Consulting con hostaleiros lucenses para ofrecerlle as casetas e caldeiros de polbo que obtivo na adxudicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com