Lugo acollerá dende o 19 ao 24 de setembro a 38ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo. Nela proxectaranse máis de 100 filmes e renderáselle homenaxe a Buster Keaton no 50 Aniversario do seu falecemento.
As cintas foron seleccionadas tras recibir arredor de 1.000 longas e curtas, de 52 países de todo o mundo, das que seleccionaron máis de 100 para esta edición. Dentro da programación do festival, figura un ciclo sobre a discapacidade, como homenaxe á Asociación de pais e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (ASPNAIS), con motivo do seu primeiro cincuentenario e unha dedicatoria especial ao Gran Teatro, A muller protagonista, e a Dani de la Torre, Luis Tosar e Jorge Coira pola película El desconocido.
Todas as películas que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do Coñecemento) e na Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas.
PROGRAMACIÓN
Gala Inaugural.- O 19 de setembro ás 20:30 horas no Auditorio Gustavo Freire: Come, Pensamientos de Nil, Tempo.
Ciclo Infantil.- Todas as actividades terán lugar no Auditorio Gustavo Freire ás 18:00 horas.
– O 19 de setembro: Niko 2 setembro: El niño y la bestia
– O 21 de setembro: El capitán Diente de Sable y el tesoro de Lama Rama
– O 22 de setembro: Aviones de papel
– O 23 de setembro: Meñique y el espejo mágico
– O 24 de setembro: El bandido Cucaracha
O mellor do ano.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 20:30 horas.
– O 20 de setembro: Mustang
– O 21 de setembro: Techo y comida
– O 22 de setembro: El Clan
– O 23 de setembro: Dheepan
Sección Oficial.- Todas as películas proxectaranse no Auditorio Gustavo Freire ás 22:45 horas.
– O 20 de setembro: Todo saldrá bien
– O 21 de setembro: Atacada. La teoría del dolor
– O 22 de setembro: Culpables
– O 23 de setembro: La Casa Rosada
E para comer…Lugo.- Todas as películas proxectaranse na Biblioteca Municipal ás 20:00 horas.
– O 20 de setembro: Deconstruyendo a Dani García
– O 21 de setembro: Detrás de la puerta
– O 22 de setembro: Dinar familiar, La cena está servida, El marido era fumigador de campos, Come
– O 23 de setembro: Una pastelería en Tokio
A muller protagonista.- Todas as películas proxectaranse no MIHL ás 18:00 horas.
– O 20 de setembro: Soledad descalza
– O 21 de setembro: Boxing for freedom
– O 20 de setembro: En tránsito, Marcas na pel do papel
Como a vida mesma.- Todas as películas proxectaranse no MIHL ás 20:00 horas.
– O 20 de setembro: Kafana (Basta ya), El camino del sol
– O 22 de setembro: Frankenstein 04155
Arte de cine.- Todas as películas proxectaranse no Museo Provincial ás 20:00 horas.
– O 20 de setembro: Detrás del mito, Ashes
– O 21 de setembro: Y rozar contigo, O fuxir do tempo, Lolo Rico. La mirada no inventada
– O 22 de setembro: Arrabal, el genio y la locura, The Raku experience
– O 23 de setembro: El gran museo
Cine Galego.- Todas as películas proxectaranse na Deputación ás 18:00 horas.
– O 20 de setembro: Restart, A liña política, A última moeda, Aldeia Velha, Pingelap
– O 21 de setembro: Coristanco Über Alles, Alpuxarras na Deputación e Cinema anémico, Fálame do silencio na Biblioteca Provincial
– O 22 de setembro: DMUS, Galicia Portobello Road, Nacer en septiembre, O descubrimiento de Américo
50 Aniversario ASPNAIS.- Todas as películas proxectaranse na Deputación ás 20:00 horas.
– O 20 de setembro: 7 años de nuestra vida, Las alas de Néstor, Un día en el Cruz de Mayo
– O 21 de setembro: Rodando al destino, Relevos
– O 22 de setembro: 13 segundos, Canta conmigo, Mis capacidades
– O 23 de stembro: El lado roto del tiempo, Pensamientos de Nil
Día de Asturias.- O 21 de setembro no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) ás 20:00 horas proxectaranse Fame, Al llau del pozo.
20 anos sen o Gran Teatro.- O 23 de setembro no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo) ás 18:00 horas proxectarase La última falla, e ás 20:00 horas Atrapado por su pasado.
As curtas tamén son Cine.- Todas as curtametraxes proxectaranse no Vicerreitorado da Universidade (Casa do Coñecemento) ás 19:30 horas.
– O 20 de setembro: Pasapalabra, Sabes tú, El escape, Vida eterna & asociados, El préstamo, La tete del l´emploi, Cartas a supermán, Lurna
– O 21 de setembro: A los ojos, Agrinoui, Aurora, Broken basket, Coming tho Termes, El juego del escondite
– O 22 de setembro: Cretinos, Viaje a pies, El huerto, El pozo, El puzzle, El túnel, Galletas, La condena
– O 23 de setembo: La cuñadita, La última partida, Nieva (Nevica), Nunca te olvidaré, Varadero, Número oculto, Mousse
Gala Clausura.- Para rematar o festival, o 24 de setembro no Auditorio Gustavo Freire ás 20:00 horas, homenaxe a Dani da Torre, Luis Tosar e Jorge Coira coa proxección de El desconocido.