O candidato á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea, Luís Villares, reuníuse esta mañá con empresarios de Monforte aos que presentou o proxecto da formación para mellorar e redimensionar o sector industrial nesta zona do país.
No encontro, Luís Villares destacou a necesidade de poñer en valor o porto seco de Monforte, asi como de mellorar as infraestruturas para toda a comarca sur. Ademais, o apoio e impulso do sector vitivinícola é outra das apostas de En Marea, cunha nova aposta polo turismo que aproveite o potencial enolóxico da comarca.
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia reuniuse tamén cos representantes da comité de empresa e a xunta de persoal do hospital de Monforte aos que trasladou o firme compromiso de En Marea de acabar coas privatizacións impostas nos últimos anos polo Partido Popular e acadar a necesaria atención que precisa o sistema público sanitario galego deteriorado a causa dos recortes e a mala xestión do goberno do Partido Popular.