Abre o prazo para matricularse nos 29 cursos gratuítos para maiores do InLugo

O presidente da Fundación TIC e da Deputación de Lugo, Darío Campos, presentou este mércores o programa de actividades para os maiores do InLugo no último trimestre de 2016, que inclúe máis cursos, varias novidades e máis presenza na provincia e na rúa.

A nova tempada na sede do InLugo fará especial fincapé en dúas materias: os cursos e obradoiros relacionados co uso do móbil e a fotografía, os máis demandados, e inclúe dous talleres novos: “Facemos vídeo con fotografía” e “Taller de retoque fotográfico”. O prazo de inscrición ábrese este mércores, 14 de setembro. Os interesados poden apuntarse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 225 186.

O máximo responsable provincial, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que “hoxe mesmo se abre o prazo para inscribirse nos 29 cursos gratuítos que se impartirán na sede do InLugo, cinco máis que no trimestre anterior, cun total de 393 prazas”. Neste senso, destacou a alta demanda que teñen estas actividades formativas sobre o emprego de novas tecnoloxías e lembrou que “na anterior tempada, cubríronse todas as prazas o mesmo día da apertura de prazo”.

Campos amosou a súa satisfacción por que “a aposta da Deputación e da Fundación TIC pola alfabetización dixital dos lucenses de máis de 55 anos como ferramenta para mellorar a súa calidade de vida, se vexa correspondida coa boa acollida que teñen estes cursos e obradoiros entre os usuarios”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com