Lugonovo cre que moitas ONG non recibiron aínda a subvención municipal correspondente a 2014

Lugonovo vén de presentar unha pregunta escrita ao Goberno local para que confirme se, a estas alturas do ano, as ong’s locais percibiron a subvención económica correspondente aos fondos que adiantaron en 2014.

“Temos sospeitas de que, neste momento, aínda non se produciu o pagamento destas axudas municipais. O que, de ser así, nunha situación de crise social como a que padecemos, parécenos unha falta terrible de sensibilidade do executivo. A algunha débeselle ate nove mil euros, mermando considerablemente a súa capacidade de intervención”, denuncia o voceiro da formación Santiago Fernández Rocha.

Os concelleiros de Lugonovo temen que moitas destas entidades aínda non recibiran nin un só euro dos consignados para tal fin nos orzamentos anteriores e mesmo teñan pendentes atrasos por outros conceptos. De igual xeito, os edís de Lugonovo desconfían do estado no que se atopa a resolución da convocatoria do 2015.

Atopámonos cunha situación extrema para moitas destas organizacións. Hai que ser conscientes da labor asistencial que fan, cubrindo necesidades que quedan fóra do marco competencial das administracións e que as convirten, nalgúns casos, no único soporte ao que poden acudir as familias con dificultades. Agora mesmo, algunhas xa están contra as cordas, ao límite das súas capacidades para poder prestar servizo”, destaca Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com