Méndez cre que foi unha “decisión persoal” de Irimia renunciar a dous caldeiros e unha caseta

O representante de Bruxa Consulting, Javier Irimia, presentou a renuncia oficial a unha das casetas e a dous dos caldeiros do polbo do San Froilán que lle foran adxudicados.

Deste xeito, e á espera de que se realicen os trámites para formalizar dita renuncia, Irimia xestionará dúas casetas e dous caldeiros mentres que unha caseta e un caldeiro pasará a estar xestionado por Torre de Núñez e outra caseta e outro caldeiro por Manolo de Marce.

A alcaldesa de Lugo Lara Méndez valoraba esta mañá este feito, cre que foi unha “decisión persoal” do propio Irimia. “Eu creo que é unha decisión moi persoal. Podía facer a explotación de todo aquilo que lle foi adxudicado nun proceso regulado e tomou esa decisión persoal que lle dá a a oportunidade a que outros hostaleiros da cidade poidan participar na explotación das casetas do polbo”, resumiu a rexedora.

Sobre a posibilidade de que non poida montar as dúas casetas coas que quedou por falta de loxística, Lara Méndez sinalou que “evidentemente estas cuestións se poden dar, pero a min non me toca valorar. Eu presupóñolle unha capacidade porque entón entendo que non se houbera presentado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com