Lugonovo propón crear unha estrutura que protexa do mal tempo na ponte de Adolfo Suárez

Lugonovo propón a instalación dunha estrutura que protexa do mal tempo aos peóns que transitan pola ponte de Adolfo Suárez até o Sagrado Corazón. A formación fala “dunha sorte de marquesiña” que se prolongue dende a parada de bus, no fondo de Montero Ríos, ate o final da ponte para mellorar a mobilidade dos viandantes e dar solución a unha vella demanda dos veciños deste barrio da capital.

“Este verán foi unha excepción pero non por iso a ninguén se lle esquece a climatoloxía que temos en Lugo. Os invernos son longos e duros porque ademáis de frío traen moita auga e aire e, precisamente, a ponte de Adolfo Suárez é unha zona moi ventosa. Intentar abrir o paraugas alí é, a maior parte dos días, unha causa perdida e unha garantía de acabar mollado ou mollada”, recorda o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha. Rocha lembra ademais que os residentes noutros puntos próximos da cidade tamén empregan este itineraio para chegar ós centros educativos e de saúde do Sagrado Corazón.

“A vía é de titularidade local, polo que entendemos que o Concello ten tódalas competencias para poder asumir a obra e, tras consultalo esta mañá cos técnicos do servizo de enxeñería, en principio non parece haber ningunha consideración urbanística que limite a viabilidade do proxecto ou que, cando menos, impida o seu estudo e análise económico”, sinala  Fernández Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com