O Día do Veciño convoca a 3.500 lucenses

Convocado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo comezou ás 10:00 horas no Campo de A Cheda cun partido de fútbol entre os representantes das asociacións e xornalistas da provincia, no que participou tamén o Presidente da Deputación.

Ás 10:30 quedaba inaugurada no Pazo de Feiras e Congresos unha exposición de artesanía veciñal.

Á celebración tamén asistiu a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez quen declarou” “a gran diferenza entre Lugo e o resto de cidades é o movemento asociativo”, Méndez, quen fixo fincapé na importancia da Federación, que engloba a representación dunhas 240 asociacións da provincia luguesa, subliñou que  “Hoxe Lugo non se entende sen as súas asociacións e sen a Federación de Veciños. Dende o Concello sabemos que podemos contar cos veciños do mesmo modo que vós contades co Concello”, rematou.

Arredor dás 14:00 horas, deu comezo o tradicional xantar, que prepararon máis de 70 voluntarios das asociacións, e no que se puideron degustar produtos típicos como: queixo, chourizo ou empanada.

Ás 16:00 horas entregáronse os premios V de veciño, un dos momentos máis especiais da festa, no que se recoñece a labor de persoas que colaboran co movemento veciñal. O rematar a entrega de premios, a “Red de Banda de Gaitas de Galicia”, ofreceu un concerto. Ao longo do día, os asistentes puideron gozar de distintas actuacións musicais e  de grupos folclóricos.

A Federación de Asociacións de Veciños de Lugo é xa o colectivo veciñal máis grande de Galicia xa que, con máis de 240 asociacións, supera a suma das que integran as federacións de veciños das restantes 6 cidades galegas. O seu número vai en incremento ano tras ano, contando con colectivos novos de toda a provincia.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com