Olalla Rodil : Previr o lume produce riqueza o traballo de extinción non

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou, en Friol, o proxecto posto en marcha polos comuneiros do Monte Veciñal en Man Común de O Carballo. Rodil sinalou que “o PP chegou á Xunta e ninguén volveu mirar para o monte máis que cando arde, temos unha oportunidade de xeración económica totalmente abandonada” e explicou “esta experiencia, que xa é unha realidade consolidada, demostra que é posible facer do monte unha oportunidade para xerar emprego e producir riqueza”.

Olalla Rodil dixo que “o BNG estará no Parlamento Galego e no Goberno da Xunta para apoiar a todas as persoas e comunidades que aposten por vivir e traballar no rural”. Rodil lembrou que “xa demostramos no goberno da Xunta, con Suárez Canal á fronte da Consellería do Medio Rural, que temos un proxecto para o medio rural e que sabemos como hai que traballar”. Rodil criticou ás políticas levadas a cabo polo goberno de Núñez Feijoo “abandonaron o medio rural por que non creen nel e por que desprezan á xente que está a producir os alimentos que comemos todos os días”.

Rodil puxo como exemplo o Monte Veciñal en Man Común de O Carballo onde se fan compatibles os aproveitamentos madeireiros coa produción de carne de porco celta, cabalo galego, a apicultura, os cogomelos, a recollida de resina e o uso do monte como lugar de lecer e actividades na natureza. “Non é posible que, dende o goberno da Xunta, non se estea a divulgar un proxecto coma este que podería ser exemplo para moitas Comunidades de Montes de todo o país que poderían xerar e riqueza e emprego no seu entorno” dixo Olalla Rodil.

Política de Incendios

“O aproveitamento multifuncional do monte é a mellor garantía para a evitar os incendios forestais” dixo Rodil que sinalou “Núñez Feijoo e o seu goberno do PP prefiren gastar miles de millóns de euros no negocio da extinción que facer plans que promovan os aproveitamentos combinados do monte e que serían o mellor xeito de facer prevención mentres estariamos achegando fontes de ingresos para as comunidades do rural galego”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com