Xulio Xiz recibiu onte en Vilalba unha merecida homenaxe

O organizador de cento e mil actos e homenaxes tivo que conformarse onte con ver o partido dende as bancadas e aínda que pareza mentira, non  lle foi posible argallar nada na súa propia homenaxe.

Tal e como estaba previsto, ás doce da mañá daba comezo no auditorio de Vilalba o primeiro dos actos da homenaxe a Xulio Xiz, xornalista e activista cultural nado neste Concello. Incriblemente o comunicador, o presentador  de programas de radio, televisión  e mantedor de centos de actos estaba como un flan, el mesmo confesaba que lle estaban a tremer as pernas no estrado.

Preto de cincocentas persoas asistiron ás diferentes intervencións que os membros da mesa presidida por Xulio Xiz, foron degrañando das experiencias vividas co homenaxeado, trufadas con música tradicional, así como resaltando o seu impagable labor a prol da comunicación e a cultura.

Unha vez rematado este acto, os asistentes trasladáronse á ribeira do río Madalena onde se atopa o Paseo dos Soños no que se inaugurou o hectómetro dedicado ao xornalista e unha escultura en forma de ventá que o honra. Para rematar os convidados asistiron a un xantar de confraternidade nun coñecido restaurante de Vilalba. Ao acto asistiron amigas e amigos de Xulio Xiz, así como xentes da cultura, da música, xornalistas e representantes da vida política e social.

Antes da sobremesa o dúo Mini e Mero interpretaron algunhas cancións das que Xulio Xiz gusta especialmente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com