A Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación de Lugo anunciaron esta mañá a apertura este mércores dun novo prazo de matrícula na USC tras as probas de selectividade de setembro no que se volverán ofrecer bolsas a cargo do ente provincial que custearán o 50% do prezo da matrícula a primeiros estudantes de ata 10 titulacións.
Dito plan, que recibiu o nome de “Para estudar, Lugo”, supuxo un incremento dun 10% da taxa de ocupación total da USC en Lugo e de preto dun 20% nas 10 titulacións nas que se ofrecen descontos do 50%, á espera de coñecer datos deste ano.
No acto público desta mañá participaron dous dos mozos que, o ano pasado, se beneficiaron das becas do organismo provincial. Trátanse de Laura Fariña Rodríguez e Mario Gómez Novo, rapaces de Ourense e Lugo, respectivamente, que agora cursarán segundo de Enxeñería Forestal e do Medio Natural. Ambos os dous destacaron as vantaxes destas becas, pois facilitan ás familias o acceso universitario dos seus fillos ou a compra doutro material imprescindible para o curso académico.
Entre o público estivo Iago Gallo, un lucense que comezará tamén a mencionada titulación e que resultou un dos beneficiados do desconto do 50% na matrícula logo do período da mesma en xullo.