Un vehículo impactou hoxe ás catro da madrugada contra un inmoble situado na confluencia da rúa Conde coa Ronda da Muralla. Segundo informou a Policía local, o condutor é un home de 58 anos que deu positivo nas probas de alcolemia, polo que o caso está a ser tramitado pola vía penal. A súa acompañante, de 48 anos, resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hula. O incidente provocou danos no mobiliario urbán, concretamente en bolardos, nun semáforo e na fachada do inmoble.
Non foi o único sinistro rexistrado hoxe na cidade de Lugo. Ás sete da mañá produciuse un atropelo no paso de peóns na confluencia da Ronda de Fontiñas coa Rúa Sanxillao. Unha muller de 59 anos resultou ferida leve e tivo que ser trasladada ao Hospital Virxe dos Ollos Grandes.