Centos de persoas participaron esta mañá na novena edición do Lugo Street Market, Comercio na Rúa, organizado polo Concello de Lugo, a Deputación e a Asociación de Autónomas.
No evento participaron un total de 91 establecementos que tiveron a oportunidade de expoñer nas principais rúas do casco histórico a súa mercancía para achegarlla aos cidadáns. Para a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, este tipo de iniciativas son “moi eficaces” á hora de dinamizar o comercio local e para achegarlle á cidadanía os produtos do pequeno comercio.
O evento inicialmente estaba previsto para o pasado martes día 13 aínda que tivo que ser suspendido por mor da chuvia.