O Concello de Lugo vén de iniciar as obras de consolidación do Cuartel de San Fernando, catalogado como Ben de Interese Cultural en xullo de 2009, unhas tarefas encamiñadas a dar seguridade e garantir a conservción do edificio. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Desenvovolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, supervisaron os traballos, que pasan pola demolición e o movemento de terras, o teitado e outras actuacións de construcción especializada. Teñen un prazo de execución de 14 semanas.
A intevención, de relevancia para o Goberno Local posto que son actuacións de conservación do excepcional patrimonio de Lugo, enmárcase dentro do convenio coa Consellería de Cultura por valor de 180.000 euros, achegados ao 50% por ambas administracións, a pesar, segundo o goberno municipal, de que o orzamento do Goberno Autonómico é de máis de 8.800 millóns de euros, fronte aos 91 millóns do Concello. “Este Goberno continuará traballando constante e decididamente para materializar a implicación da Xunta nas cuestións pendentes do municipio, como reivindicar o proxecto para converter San Fernando no Museo da Romanización de Galicia”, subliñou Méndez, quen adiantou que é obriga das adminsitracións poñer en valor e aproveitar un recurso, como é o Cuartel de San Fernando, para atraer visitantes á cidade luguesa e dinamizar a vida cultural de Lugo”.
Corte da rúa San Fernando
Con motivo da instalación dunha grúa fixa no antigo edificio do Cuartel de San Fernando para avanzar nestas obras, o sábado 24 de setembro cortarase a rúa San Fernando. Deste xeito, o Concello ten preparado o seguinte plan de tráfico: Corte da rúa San Fernando, á altura da rúa Amor Meilán, coa intención de desviar o tráfico pola segunda das rúas. Debido a que dito corte afecta á entrada do párking subterráneo da Praza do Ferrol, permitirase o acceso aos usuarios do mesmo. Dito acceso estará regulado por operarios. Os residentes afectados accederán dende a rúa Amor Meilán, cara a rúa Quiroga Ballesteros e finalmente cara a rúa San Froilán
Instalarase un cartel informativo na intersección da rúa Bolaño Rivadeneria con rúa Quiroga Ballesteros co fin de evitar o acceso da maioría dos usuarios cara a zona da Praza do Ferrol co fin de facilitar o acceso a residentes e servizos da Praza do Ferrol, habilitarase o dobre sentido de circulación dende a rúa Bolaño Rivadeneira. Dous operarios sinalistas regularán e facilitarán a circulación por dita praza, así como a incorporación á rúa San Fernando, dito corte de tráfico afecta tamén, ás liñas de bus que teñen a súa parada na rúa Bolaño Rivadeneira, unha vez sobrepasado o cruce coa rúa Quiroga Ballesteros. Deste xeito trasladarasne temporalmente dita parada ao carril bus, na superficie inmediatamente antes a dito cruce; exisinto carteis informativos onda a parada anulada. A ruta alternativa será desviándose pola rúa Quiroga Ballesteros cara a Praza Santo Domingo, rúa Teatro e incorporación á Ronda da Muralla en onde retomará o seu circuíto normal